C.F Dumbría PDF Imprimir E-mail

O C.F. Dumbría comezou a súa andaina en Terceira Rexional da Costa, aló pola tempada 1996/97, acadando un meritorio quinto posto na clasificación e chegando a cuartos de final na Copa.


Tres anos en 3ª deron paso ao ascenso, no ano 2000. O paso por segunda rexional deu de sí un segundo posto, un terceiro e un quinto, culminado na tempada 2005/06 co campionato da Liga da Costa, por primeira vez na historia e ascendendo a 1ª autonómica, categoría que mantivemos ata a tempada 2010/11, na cal conseguiríamos o ascenso á Preferente, categoría na que competimos na actualidade.
 

No 2001 gañouse a 1ª Copa da Costa nunha emocionantísima final xogada no Campo das Eiroas fronte ao Bergantiños. O segundo título de Copa foi ante o Baio no ano 2005. A 3ª Copa foi a conseguida na tempada 2010/11 derrotando ao UC Cee na final xogada no Conco (3-0).

Pero o Dumbría non quixo abandonar do todo a emocionante Liga da Costa e así marcouse un novo reto, a creación dun equipo filial, o Dumbría “B”, que con xogadores que se foron formando desde as categorías bases ó longo destes últimos anos compite agora en 2ª Autonómica.

 

 

NOVANET

desafioatlantico2014.png - 35.84 Kb

Fotos Ruta BTT

fotos ruta 2014.jpg - 21.35 Kb

PATROCINADORES

Valid XHTML and CSS.

Clube de Fútbol Dumbría, Powered by Joomla!; Joomla templates by SG web hosting